A PROBA DO ALGODÓN: LIMPEZA DO FONDO MARIÑO

cartel_dia_dos_oceanos.

O día 8 de xuño celebramos o Día Internacional dos Océanos. Aínda que che pareza unha data vacía de contido ou para quedar ben, lamentablemente precisamos moitos días dos Océanos para que nos demos conta de que nos estamos a cargar o medio mariño. Si falamos de pasar á acción, o tempo eternízase.

Entre as nosas inquedanzas figuran facer o posible por garantir a biodiversidade do mar, defender actividades sostibles como a pesca artesanal, manter limpo o ecosistema mariño, erradicar prácticas furtivas, poñer en valor a cultura do mar, promover os deportes náuticos ao alcance de todos, coñecer o mar e a historia do noso pobo e os nosos mariñeiros. O elemento diferenciador máis evidente de Malpica é o mar e a vida a redor da pesca. Nas nosas mans está facer que ese recurso se manteña vivo.

Dende o Club Náutico pensamos que xa é hora de ir dando pasiños. Comezamos pola limpeza do fondo do porto. Trátase dunha actividad voluntaria e que pretende chamar a atención sobre a responsabilidade compartida que temos de coidar o medio natural. Botar o lixo ao mar, ademáis de unha porcallada, é cousa de cobardes insolidarios: plásticos, latas, escombros, rodas, botellas… no fondo do mar temos unha esterqueira. Pero podemos cambiar as cousas. Está nas nosas máns. Apúntate á nosa actividade, precisaremos xente disposta a mollarse 😉

Dende aquí dámoslle as gracias ao Concello de Malpica polo seu apoio, a Portos de Galicia pola súa colaboración, á Diputación Provincial e a Buceo Carballo, unha tenda que vos recomendamos e que sempre está ao lado do Náutico de Malpica.

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s